Konrad Bercovici, nado en 1881 e finado en 1961, foi un escritor estadounidense de orixe romanesa.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia xudía. De ideoloxía anarquista trasladouse a París, traballou nunha fábrica de mobles e polas tardes acudía á Universidade Popular, de carácter libertario Paul Avrich The Modern School Movement: Anarchism and Education in the United States, 2005, ISBN 1-904859-09-7 páxina 84, onde coñeceu á súa dona, Naomi Liber, xuntos trasladáronse a Nova York e para poder subsistir Bercovici traballou en fábricas onde se trataba aos traballadores case como escravos e dando clases de piano. Escribiu novelas e relatos, ás máis coñecidas sobre a vida dos xitanos nos Balcáns. Obras Crimes of Charity (1917) Dust of New York (1919) Murdo (1923) Around The World In New York (1924) Iliana: Stories of a wandering race (1924) The Marriage Guest (1925) On New Shores (1925) The Volga Boatman (1926) Alexander: A Romantic Biography (1928) The Story of the Gypsies (1928) The Crusades (1929) Between Earth And Sky (1929) Nights Abroad (1929) That Royal Lover (1931) A Romany Chai The Macedonian Gypsy The Exodus (1947) Savage Prodigal (1948)

Notas

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Nados en Romanía