dereita|miniatura|250px|David de la Fuente gañando na Volta a Alemaña. David de la Fuente Rasilla, nado o 4 de maio de 1981 en Reinosa (Cantabria), é un ciclista español.

Traxectoria Debutou coma profesional no ano 2003 co equipo italo-español Vini Caldirola.

No ano 2006 conseguiu o seu maior logro coma profesional, coa consecución do premio da combatividade no Tour de Francia 2006. Nesa mesma carreira foi posuidor do maillot da montaña durante varias xornadas. Finalmente ocupou a 3ª posición por detrás de dous ciclistas que posteriormente serían descualificados por dopaxe: Michael Rasmussen e Floyd Landis.

Palmarés 2006 Premio da combatividade no Tour de Francia 20px

2007 Gañador do G.P. Llodio

2008 Gañador da segunda etapa da Volta a Alemaña

Equipos Vini Caldirola (2003) Saunier Duval - Prodir (2004 - 2008) Scott-American Beef (2008) Fuji - Servetto (2009)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de David de la Fuente Peña David de la Fuente de Ramales

Categoría:Ciclistas de España Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Reinosa