Rosa María Quintana Carballo, nada en San Fernando de Apure (Venezuela) o 29 de maio de 1959, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e tamén se doutorou alí cun estudo sobre o cultivo do mexillón galego.
Desempeñou diversos cargos no PPdG presidido por Manuel Fraga. En 1987, comezou a traballar na Consellería de Pesca como inspectora de pesca. Foi delegada territorial da Consellería de Pesca en Vigo dende 1997 a 2001, e directora xeral de Innovación da mesma Consellaría a partir de 2001 e até 2005.
Foi de número dez da lista popular da Coruña nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 e formou parte do novo goberno da Xunta de Galiza presidida por Alberto Núñez Feijóo en calidade de conselleira do mar. En xaneiro de 2012 foi nomeada conselleira de Medio Rural e do Mar. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012. En outubro de 2015 pola remodelación do Goberno, quedou unicamente como conselleira do MarNúñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.. Revalidou o seu posto de deputada en 2020, ata que en setembro de 2021 deixou o escano como deputada a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros.
Obra Contribución al conocimiento del desarrollo gonadal del mejillón gallego cultivado (1988). Santiago de Compostela: Ed. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788440419309.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Facebook
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Venezuela Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense