1960 (MCMLX) foi un ano bisesto comezado en venres segundo o calendario gregoriano.
Tamén se lle coñece como o "ano de África" por mor de acontecementos, en particular a independencia de dezasete nacións africanas, que centraron a atención mundial no continente e intensificaron os sentimentos de panafricanismo.
Acontecementos 1 de xaneiro, Cuba, a revolución socialista nacionaliza a United Fruit Company. 1 de xaneiro, Benín independízase de Francia. 1 de xaneiro, Camerún independízase de Francia. 4 de xaneiro, Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Dinamarca, Suíza, Austria e Portugal firman en Londres o tratado fundacional da Comunidade Europea de Libre Cambio (EFTA). 16 de agosto, Chipre independízase do Reino Unido.
Nacementos 3 de xaneiro - Joan Chen, actriz e directora chinesa. 4 de xaneiro - Michael Stipe, cantante de R.E.M.. 10 de xaneiro - Brian Cowen, primeiro ministro da Irlanda. 31 de xaneiro - Željko Šturanović, primeiro ministro de Montenegro. 8 de febreiro - Alfred Gusenbauer, primeiro ministro de Austria. 7 de marzo - Ivan Lendl, tenista checo. 21 de marzo - Ayrton Senna, piloto brasileiro de Fórmula 1 (m. 1994). 18 de abril - Neo Rauch, pintor alemán. 28 de abril - Ian Rankin, escritor e guionista de banda deseñada escocés. 30 de abril - Vicente Álvarez Núñez, futbolista galego. 7 de maio - Almudena Grandes, escritora española (m. 2021). 10 de maio - Paul Hewson máis coñecido como Bono, cantante do grupo de rock U2. 18 de maio - Yannick Noah, tenista francés. 4 de agosto - José Luis Rodríguez Zapatero, político español. 10 de agosto - Antonio Banderas, actor español. 10 de setembro - Colin Firth, actor inglés. 6 de outubro - Yves Leterme, primeiro ministro de Bélxica. 30 de outubro - Diego Armando Maradona, xogador de fútbol arxentino. 20 de decembro - Kim Ki-duk, director de cine coreano. 21 de decembro - Anxo Quintela González, escritor e xornalista galego. Bob Keen - cineasta británico, especializado en cine de terror.
Mortes 4 de xaneiro - Albert Camus, escritor e filósofo francés. 7 de xaneiro - Constantino Sánchez Mosquera, médico, xornalista e escritor galego. 10 de xaneiro - Xohán Casal, escritor galego (n. 1935). 6 de febreiro - Manuel Serafín Fandiño, sindicalista e xornalista galego. 11 de febreiro - José Cao Moure, editor e escritor galego (n. 1880). 29 de febreiro - Prudencio Rovira Pita, político e xornalista galego (n. 1870). 22 de marzo - José Antonio Aguirre, primeiro lehendakari de Euskadi. 27 de marzo - Gregorio Marañón, médico e escritor español. 24 de abril - Max von Laue, físico alemán, premio Nobel de Física en 1914 (n. 1879). 5 de maio - José Almoina, escritor e político galego (n. 1903). 13 de maio - Germán Vidal Barreiro, avogado e político galego (n. 1892). 31 de maio - Boris Pasternak, escritor ruso, premio Nobel de Literatura en 1958 (n. 1890). 7 de xuño - Cruz Gallástegui, enxeñeiro agrónomo e veterinario galego (n. 1891). 10 de xullo - José Pasín Romero, sindicalista galego (n. 1878).
30 de xullo - Manuel Casás Fernández, avogado e escritor galego (n. 1867). 29 de agosto - David Mandessi Diop escritor francés.(n.1927)
17 de setembro - Secundino Couto Solla, canteiro, contratista e político galego (n. 1873). 22 de setembro - Melanie Klein, psicanalista austríaca.
16 de novembro - Clark Gable, actor estadounidense (n. 1901). 6 de decembro - Faustino Santalices, gaiteiro e investigador de zanfona galego (n. 1877).
13 de decembro - José Costa Alonso, sindicalista galego (n. 1887). 20 de decembro - Dionisio Quintillán Cardesín, agrarista e político galego. 25 de decembro - Francisco Rey Drox, político e guerrilleiro antifranquista (n. 1893). 27 de decembro - Luis Fábrega Coello, farmacéutico e político galego (n. 1874).
Premios Nobel Física: Donald A. Glaser Química: Willard Frank Libby Fisioloxía ou Medicina: Sir Frank Macfarlane Burnet e Peter Medawar Literatura: Saint-John Perse Paz: Albert Lutuli
Outros 16 de agosto - O capitán Joseph Kittinger das forzas aéreas dos Estados Unidos sobe até unha altura de máis de 31 quilómetros nun globo de helio, embutido nun traxe de presión, facendo fronte a temperaturas de -70 °C tirándose en caída libre que dura 4 minutos e 36 segundos alcanzando unha velocidade de 1149 km/h. Establecendo con iso as máis altas marcas de ascenso en globo, salto máis alto en paracaídas, caída libre máis larga e o de maior velocidade alcanzada por un home na atmosfera, converténdose ademais no primeiro home que alcanza a velocidade do son sen ir en avión.
Véxase tamén Historia ano a ano
Categoría:1960