Arron Agustin Afflalo, nado nos Ánxeles (California) o 15 de outubro de 1985, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,96 metros e xoga na posición de escolta. Ten raíces xamaicanas, portuguesas e españolas.
Traxectoria Xogou durante 3 tempadas cos UCLA Bruins, cos que fixo 14,8 puntos e 3,1 rebotes por partido. No seu último ano, tras anotar 16.9 puntos por encontro, foi nomeado Xogador do Ano da Pacific Ten Conference polos adestradores rivais.
Foi elixido no posto 27 da primeira rolda do Draft da NBA de 2007 polos Detroit Pistons, equipo polo cal asinou o seu primeiro contrato profesional en xullo de 2007.
O 13 de xullo de 2009, foi traspasado xunto a Walter Sharpe ós Denver Nuggets a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2011. O 10 de novembro de 2009, xogou o seu primeiro partido de titular cos Nuggets. O 25 de xaneiro de 2010, anotou 6 triplas contra os Charlotte Bobcats, o maior número de triplas anotadas nun partido na súa carreira.
En agosto de 2012, foi traspasado ós Orlando Magic no traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.Magic Acquire Six Players, Five Draft Picks in Howard Trade
O 26 de xuño de 2014, foi traspasado de volta ós Denver Nuggets a cambio de Evan Fournier e os dereitos do Draft de Roy Devyn Marble.Nuggets Acquire Arron Afflalo in Trade with Orlando O 29 de outubro de 2014, xogou o seu primeiro partido tras a súa volta a Denver, facendo 15 puntos e 4 rebotes na vitoria sobre os Detroit Pistons por 89-79.
O 19 de febreiro de 2015, Afflalo foi traspasado xunto a Alonzo Gee ós Portland Trail Blazers, a cambio de Víctor Claver, Will Barton, Thomas Robinson e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2016.Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía de Afflalo en UCLA
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings