Robert Douglas Thomas Pattinson, nado en Londres o 13 de maio de 1986, é un actor, modelo e músico inglés.
Traxectoria A súa nai era modelo dunha axencia e seu pai era importador de automóbiles norteamericanos. Comezou actuando no teatro afeccionado ós 15 anos na Barnes Theatre Company. Realizou unha versión de afeccionados de Macbeth no Old Sorting Office Art Centre e entre os 12 e os 16 anos foi tamén modelo.
Coñecido polo seu papel de Edward Cullen no filme Twilight, adaptación da novela homónima de Stephenie Meyer e polo papel de Cedric Diggory en Harry Potter e o Cáliz de fogo, o cuarto filme na serie inspirada nos libros de J. K. Rowling.
Filmografía Ano Título Papel Notas 2004 Vanity Fair Rawdy Crawley 2004 Dark Kingdom: The Dragon King Giselher Telefilme 2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo Cedric Diggory 2006 The Haunted Airman Toby Jugg Telefilme 2007 The Bad Mother's Handbook Daniel Gale Telefilme 2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Cedric Diggory 2008 How to Be Art 2008 Twilight Edward Cullen 2009 Little Ashes Salvador Dalí 2009 The Twilight Saga: New Moon Edward Cullen 2010 Remember Me Tyler Hawkins Tamén produtor executivo 2010 The Twilight Saga: Eclipse Edward Cullen 2011 Water for Elephants Jacob Jankowski 2011 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 Edward Cullen 2012 Bel Ami Georges Duroy 2012 Cosmopolis Eric Packer 2012 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 Edward Cullen 2013The Rover Reynolds 2013Queen of the Desert T. E. Lawrence 2013Mission:Blacklist Eric Maddox 2013Maps to the Stars Jerome 2013Hold on to Me Jimmy
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1986 Categoría:Modelos masculinos de Inglaterra