Xosé Fariña Jamardo, nado en Caldas de Reis o 26 de abril de 1919 e finado en Madrid o 19 de agosto de 2008, foi un escritor galego. Experto en Administración Local, exerceu como Secretario Xeral en varios concellos e na Deputación de Pontevedra. Publicou numerosos artigos sobre temas literarios e de administración local na prensa de Madrid e de Galicia.

Traxectoria Durante a guerra civil española loitou co bando nacional en varios destinos, entre eles Madrid. Rematou estudos de Dereito e doutorouse con sobresaliente cum laude na Universidade Complutense de Madrid, e obtivo a diplomatura en Administración Local. Foi mestre un breve tempo en Xixón, até que obtivo praza de Secretario de Administración Local. Exerceu como tal nos concellos de Vila de Cruces, O Carballiño, Cáceres, Corral de Almaguer, Xetafe e a Deputación de Pontevedra, onde se xubilou.

No Carballiño exerceu como secretario do Concello entre os anos 1949 e 1959 e promoveu os encontros Tasca e Literatura, a primeira guía turística da vila ou o Boletín de Información Municipal.

No eido da empresa privada, foi durante dez anos director administrativo en Madrid da empresa Barreiros Diésel e despois de Chrysler España.

Cando se constituíu o Parlamento de Galicia foi designado Oficial Maior, e despois pasou a ser asesor. Foi membro correspondente da Real Academia Española da Historia, e Fillo Adoptivo e Cronista Oficial do municipio de Xetafe.

Foi secretario e despois presidente do Colexio Nacional de Secretarios, Interventores e Depositarios de España. Tempo atrás fora Vicepresidente do de Ourense e Presidente do de Madrid. Foi tamén profesor e xefe de estudos do Instituto Nacional de Administración Local, así como membro numerario do Instituto de Estudios de Administración Local.

Usou os pesudónimos Freitoso, Montemar, Chis-pum.

Obra en galego Poesía Carballiño. Poemas ó xeito vello pra unha vila nova (1957). Edición do autor. Coa alma espida (2003). Deputación de Pontevedra.

Narrativa Co sorriso nos beizos (1969). Vigo: Galaxia. O mesón do birollo (1971). Buenos Aires: Editorial Nós. A liña. Carballiño-Ribadavia, trinta e oito minutos (1980). Deputación de Ourense. A feira do Carballiño (1981). Edición de autor. Tiroliro a sete voces (1984). Vigo: Galaxia. 280 páxs. ISBN 978-84-7154-476-6. Golfaróns de sangue (1989). Sada: Ediciós do Castro. Laiovento, 2024, edición de Xesús González Gómez. Unha vida calquera (2006). Sada: Ediciós do Castro. Memorial de Xoaquín Pérez (2010). Deputación de Pontevedra. Póstuma. A liña. Carballiño-Ribadavia, trinta e oito minutos. A feira do Carballiño (2021). Ed. facsimilar do Concello do Carballiño. Con limiar de Xosé Luís Sobrado.

Ensaio A personalidade da parroquia galega (1976). SEPT. Concellos abertos na Limia (1982). Xunta de Galicia. Os Concellos galegos. Parte Especial (1983). A Deputacion de Pontevedra: 1836-1986 (1986). O nacemento dos axuntamentos da provincia de Pontevedra (1987). Deputación de Pontevedra. Os concellos galegos (1991). Fundación Barrié. Os Concellos galegos. Parte xeral (1991). A parroquia rural en Galicia (1996). Nacemento, evolucion e desenrolo dos concellos pontevedreses (1998).

Obras colectivas A Deputación de Pontevedra, 1836-1986 (1986). Deputación de Pontevedra. Con Miguel Pereira Figueroa.

Obra en castelán Narrativa Señor Secretario (1955). Premio Certamen de novela. Historias de La Brea: novela (1964). :Madrid: Pozueta. Pepiño (1966). Escrita en 1957. Madrid: Delmo-Libros La balada del Wolfram (1977). Madrid: E.M.S.A.

Ensaio Instrucciones a los alcaldes de barrio y celadores para el mejor desempeño de su función (1948). Guía de Carballino (1961). Mosaico municipal (1961). A flor de piel (1969). La parroquia rural en Galicia (1975). Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local. La vida municipal es así (1976). Madrid: Municipalia. El Getafe del siglo XVI (1978). Agonía y muerte del municipio rural (1977). El hábitat gallego (1981). Deputación da Coruña. La población de Getafe (1981). La entidad local menor y su proyección en Galicia (1985) El pequeño mundo de la vida local (1986). Deputación de Pontevedra. La Diputación de Pontevedra: 1836-1986 (1986).

Premios Finalista do Concurso de Novela en Galego do Centro Galego de Buenos Aires no 1970, por O mesón do birollo. Premio Otero Pedrayo en 1982. Premio Especial de Investigación da Deputación de Pontevedra no 1986, por O nacemento dos axuntamentos da provincia de Pontevedra. Premio Antón Losada Diéguez no 1987, por O nacemento dos axuntamentos da provincia de Pontevedra. Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela coa mestra María Elena Tojo Barreiro o 16 de xullo de 1947.El Correo Gallego, 17-7-1947, p. 2. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista do autor con Miguel Louzao Outeiro, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Premio Otero Pedrayo Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Cronistas