A Premiership Rugby, oficialmente coñecida por motivos de patrocinio como Gallagher Premiership, é unha competición profesional de rugby de Inglaterra. Na actualidade inclúe trece equipos e é a máxima categoría do rugby inglés. Os participantes clasifícanse para as dúas competicións europeas: a Champions Cup e a Challenge Cup. O último clasificado cada temporada descende ao RFU Championship, sendo substituído polo campión da mesma.

Fundada en 1987, desde a súa fundación a competición ten recibido diferentes nomes por motivos de patrocinio: Courage League (1987−1997), Allied Dunbar League (1997−2001), Zürich Premiership (2001-2005), Guinness Premiership (2005−2010) e Aviva Premiership (2010−2018). O equipo máis laureado da historia da competición son os Leicester Tigers con dez títulos, seguidos por Bath e Wasps con seis e Saracens con cinco.

Competición Formato A tempada regular da Premiership vai de setembro a maio e consta de 22 xornadas, nas que cada club xoga contra o seu rival na casa e fora. Durante un partido da Premiership, os puntos que recibe cada equipo para a clasificación da liga poden ser gañados de varios xeitos distintos: 4 puntos por unha vitoria. 2 puntos por un empate. 1 punto de bonus por perder por sete puntos ou menos. 1 punto de bonus por marcar catro ensaios ou máis nun partido. 0 puntos por unha derrota.

Tralas 22 xornadas da tempada regular, a posición final na táboa de clasificación determina que equipos acceden á fase final (os catro primeiros acceden a semifinais). O primeiro e o segundo teñen o privilexio de xogar na casa as semifinais fronte ao cuarto e terceiro respectivamente. As semifinais se xogan en maio, os gañadores de ámbolos dous partidos acceden á final do campionato, que se xoga en Twickenham. El vencedor da final é o gañador da Liga.

Ascensos e descensos Hai un sistema de ascensos e descensos, a e dende a Premiership. O equipo clasificado no último lugar trala tempada regular da Premiership descende á National Division One, mentres que o campión da National Division One ascende á Premiership para a seguinte tempada. Porén, os ascensos e descensos están sometidos a un Criterio de Mínimos (Minimum Standards Criteria).

Competicións europeas Os equipos que xogan a Premiership inglesa tamén compiten nas dúas competicións da European Professional Club Rugby: a Copa de Campións Europea de Rugby e a European Rugby Challenge Cup. Para a Copa de Campións Europea de Rugby clasifícanse os 6 primeiros equipos da liga. O resto de equipos da liga, excepto o que descende, clasifícanse para o European Rugby Challenge Cup. Tamén se clasifica para ese campionato o equipo que ascende. O sétimo clasificado, xoga un play-off de clasificación para poder ir a Copa de Campións Europea de Rugby. Se non gaña esa clasificación vai ao European Rugby Challenge Cup.

Patrocinadores Courage League: de 1987-1988 a 1996-1997 Allied Dunbar Premiership: de 1997-1998 a 1999-2000 Zurich Premiership: de 2000-2001 a 2004-2005 Guinness Premiership: de 2005-2006 a 2009-2010 Aviva Premiership: de 2010-2011 a hoxe

Equipos Os seguintes son os equipos da Gallagher Premiership para a temporada 2025−26.

ClubFundaciónCidadeUniónEstadioCapacidadeTítulos (último) Bath Rugby 1865 Bath border|25px|Somerset Somerset Recreation Ground 14.500 6 (1996) Bristol Bears 1888 Bristol border|25px|Gloucestershire Gloucestershire Ashton Gate 27.000 0 Exeter Chiefs 1871 Exeter border|25px|Devon Devon Sandy Park 13.593 2 (2020) Gloucester 1873 Gloucester border|25px|Gloucestershire Gloucestershire Kingsholm Stadium 16.115 0 Harlequins 1866 Londres border|25px|Middlesex Middlesex Twickenham Stoop 14.800 2 (2021) Leicester Tigers 1880 Leicester border|25px|Leicestershire Leicestershire Welford Road 26.849 10 (2013) Newcastle Red Bulls 1877 Newcastle upon Tyne border|25px|Northumberland Northumberland Kingston Park 10.200 1 (1998) Northampton Saints 1880 Northampton border|25px|Northamptonshire East Midlands Franklin's Gardens 15.249 1 (2014) Sale Sharks 1861 Salford border|25px|Cheshire Cheshire AJ Bell Stadium 12.000 1 (2006) Saracens 1876 Londres border|25px|Middlesex Middlesex Barnet Copthall 8.500 5 (2019)

Palmarés Dende o nacemento do torneo ata a tempada 2001-2002 o equipo campión era aquel que remataba primeiro na táboa despois da tempada regular. Na tempada 2002-2003 comezaron a disputarse eliminatorias despois da tempada regular, e dende entón en adiante o campionato remata cunha final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres: TempadaCampiónResultadoSubcampión2014-1520px Saracens . 2º28 — 1620px Bath2013-1420px Northampton . 1º24 — 20 20px Saracens2012-1320px Leicester . 10º37 — 1720px Northampton2011-1220px Harlequins . 1º30 — 2320px Leicester2010-1120px Saracens . 1º22 — 1820px Leicester2009-1020px Leicester . 9º33 — 2720px Saracens2008-0920px Leicester . 8º10 — 920px Irish2007-0820px Wasps . 6º26 — 1620px Leicester 2006-0720px Leicester . 7º44 — 1620px Gloucester2005-0620px Sale . 1º45 — 2020px Leicester2004-05 20px Wasps . 5º39 — 1420px Leicester 2003-04 20px Wasps . 4º10 — 620px Bath2002-03 20px Wasps . 3º39 — 320px Gloucester 2001-02 20px Leicester . 6ºLiga20px Sale2000-01 20px Leicester . 5ºLiga20px Wasps1999-00 20px Leicester . 4ºLiga20px Bath1998-99 20px Leicester . 3ºLiga20px Northampton1997-98 20px Newcastle . 1ºLiga20px Saracens1996-97 20px Wasps . 2ºLiga20px Bath1995-96 20px Bath . 6ºLiga20px Leicester1994-95 20px Leicester . 2ºLiga20px Bath1993-94 20px Bath . 5ºLiga20px Leicester1992-93 20px Bath . 4ºLiga20px Wasps1991-92 20px Bath . 3ºLiga20px Orrell1990-91 20px Bath . 2ºLiga20px Wasps1989-90 20px Wasps . 1ºLiga20px Gloucester 1988-89 20px Bath . 1ºLiga20px Gloucester 1987-88 20px Leicester . 1ºLiga20px Wasps

Títulos Equipo TítulosLigaAnos que gañouVeces 1ºen ligaLeicester Tigers101988, 1995, 1999, 2000, 2001, 2002, 2007, 2009, 2010, 201310Bath Rugby61989, 1991, 1992, 1993, 1994, 19967London Wasps61990, 1997, 2003, 2004, 2005, 20082Saracens F.C.22011, 20151Newcastle Falcons119981Harlequin FC120061Northampton Saints11Gloucester Rugby03

Clasificación histórica

Notas

Véxase tamén Outros artigos Anglo-Welsh Cup European Rugby Champions Cup European Rugby Challenge Cup

Ligazóns externas Páxina web oficial da Premiership

Categoría:Liga inglesa de rugby