Antonio Fernández Morales, nado en Astorga o 17 de setembro de 1817 e finado en Cacabelos o 15 de agosto de 1896,. Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, pp. 102-107, 2014, Xerais, ISBN 978-84-9914-764-2. foi un militar e escritor berciano en lingua galega, autor de Ensayos poéticos en dialecto berciano,O seu título completo é Ensayos poéticos en dialecto berciano, por el comandante de infantería e inspector provincial de estadística, D. Antonio Fernández y Morales, con una introducción sobre lenguas, dialectos, subdialectos y jergas en general, y el origen del berciano, lengua y dialectos castellanos y gallegos en particular, por D. Mariano Cubí y Soler, autor de varias obras filológicas, fundados de dos colegios literarios, y propagador de la frenología en España. publicado en 1861. Con motivo do Bicentenario do seu nacemento en 2017 celebrouse no Bierzo o Simposio Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo.
Traxectoria De orixe fidalga, naceu e viviu en Astorga ata os cinco anos de idade, fillo de Tomás Fernández Garrido (farmacéutico) e Nicolasa Morales Rodríguez, ambos naturais desa vila. Foi criado en Cacabelos. Cara a 1832, con quince anos de idade, iniciou os tres cursos de filosofía no seminario de Astorga. En outubro de 1835 solicitou o ingreso no militar Colexio de Distinguidos de Valladolid, onde iniciou os seus estudos o 7 de xaneiro do ano seguinte e onde estivo ata o 30 de maio dese mesmo ano, sendo destinado ao Rexemento de Infantaría de Borbón n.º 17. No ano 38 participou en diferentes accións militares, conseguindo o emprego de tenente.
Tanto o seu pai coma el formaron parte da Sociedade de Teatro de Vilafranca do Bierzo en 1843."O teatro romántico da capital histórica do Bierzo e os seus socios fundadores Enrique Gil e Fernández Morales". H. M. Silveiro Fernández. Revista do Instituto Estudios Bercianos. nº 39. p. 213-240 (xullo 2015) ou en versión dixital: Morales e o teatro de Vilafranca Fixo amizade co filólogo Mariano Cubí i Soler en 1847, e baixo a súa influencia comezou a escribir en galego como certifican as súas cartas autógrafas destas datas ao filólogo catalán, dadas a coñecer en 2017 . Secundou o levantamento de 1854.
En 1860 publicou en El Esla o seu primeiro poema en galego, O fiandón da aldea. En 1861 publicou Ensayos poéticos en dialecto berciano o segundo libro escrito en galego no Rexurdimento despois d' A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos. Foi prologado por Cubí, e está composto por 8.000 versos distribuídos en 15 poemas en galego e 1 bilingüe castelán-galego.
Participou na revolución de 1868 que derrocou a Isabel II, ascendido a xeneral en 1870, foi nomeado gobernador militar de Toledo, foi tamén deputado do distrito de Vilafranca do Bierzo polo Partido Radical (1872-1873) de Manuel Ruiz Zorrilla e ocupou o cargo de delegado nos Estados Pontificios. En 1876 publicou Ensayos poéticos, en castelán.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
(1861). "Introducción" a Ensayos poéticos en dialecto berciano, 35 páxinas .
Inclúe:
Outros artigos Precursores Ensayos poéticos en dialecto berciano Dialecto berciano Literatura galega do Prerrexurdimento Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Blog sobre Morales 20px "O galego de León e Zamora", Xesús Ferro Ruibal, Ben falado!, 2/11/2010. "Don Antonio Fernández y Morales" bergidense.blogspot.com.es 26/10/2007. Antonio Fernández Morales, o cantor en galego do Bierzo
Categoría:Escritores de Castela e León en lingua galega Categoría:Poetas de España Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Astorga Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1896 Categoría:Militares de España Categoría:Carlistas Categoría:Precursores do Rexurdimento