Bleach é o álbum de estrea da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 15 de xuño de 1989 a través do selo independente Sub Pop. Bleach orixinalmente vendeu só unhas 30.000 copias, pero debido ao éxito do segundo traballo da banda, Nevermind, os seareiros descubriron o primeiro álbum de Nirvana. Dende entón foi certificado platino pola Recording Industry Association of America, vendendo ao redor de 1,7 millóns de copias nos Estados Unidos e uns 4 millóns en todo o mundo.

As principaos sesións de gravación realizáronse nos estudios Reciprocal Recording de Seattle, entre os meses de decembro de 1988 e xaneiro de 1989 baixo a produción de Jack Endino. O gravación do disco foi fianciada por Jason Everman, que aparece nos créditos como guitarrista pero que realmente non tocou ningunha canción.

Bleach foi ben recibido pola crítica, pero non entrou nas listas estadounidenses tras a súa publicación. O álbum foi re-editado internacionalmente por Geffen Records tras o éxito de Nevermind. Esta re-edición estreouse no número 89 na lista Billboard 200, e chegou ao posto 33 da lista británica de álbums a ao 34 na australiana. No ano 2009 Sub Pop lanzou unha edición para celebrar o 20 aniversario que contaba coa gravación ao vivo dun concerto de Nirvana de 1990 como material extra.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Nirvana Categoría:Álbums musicais de 1989 Categoría:Álbums producidos por Jack Endino Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Sub Pop Records