A Interleucina-10 (IL-10 ou IL10), tamén coñecida como factor de inhibición da síntese de citoquinas (CSIF son as súas siglas en inglés), é unha citoquina con propiedades antiinflamatorias quen de inhibir a síntese de citoquinas proinflamatorias polos linfócitos T e os macrófagos. Demostrouse a súa presenza nas placas arterioscleróticas humanas (ou placas de ateroma), observándose en estudos experimentais que niveis baixos de IL-10 favorecen o desenvolvemento de lesións arterioscleróticas máis extensas e morfoloxicamente máis inestábeis.

Categoría:Citocinas Categoría:Inmunoloxía