Dónal Ó Conaill (en irlandés) ou Daniel O'Connell (en inglés), nado en Cahersiveen (Irlanda) o 6 de agosto de 1775 e finado en Xénova (Reino de Sardeña) o 15 de maio de 1847, tamén coñecido como The Liberator O'Connell at Irish-Society. ou The Emancipator, foi un líder político irlandés e a figura máis importante da Irlanda da primeira metade do século XIX.

Defendeu a Emancipación católica—o dereito dos Católicos a sentar no Parlamento de Westminster, denegado durante aproximadamente 100 anos—e rexeitou a Lei de unión que uniu a Irlanda e Gran Bretaña. Foi moi crítico coas ideas que implicaban unha insurreción violenta en Irlanda, e chegou a dicir que a liberdade da Illa non valía o derramamento dunha soa gota de sangue. Sempre empregou métodos populistas e parlamentarios para conseguir o troco. En 1840 fundou a Repeal Association.

O escritor galego Urbano Ferreiroa Millán escribiu un panexírico sobre a súa figura en El Siglo Futuro en 1875, no centenario do seu nacimento, criticando a ocupación da Irlanda católica por parte da Gran Bretaña protestante.

Notas

Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Nacionalismo irlandés Categoría:Nados en 1775 Categoría:Nados no condado de Kerry