Amanda Walker, nada o 29 de novembro de 1935, é unha actriz británica de cine e televisión. Destacan os seus papeis en filmes como 28 Weeks Later (como Sally), Heat and Dust, Pollyanna e Churchill and the Generals.

Traxectoria Filla da tamén actriz Madeleine Christie. Formouse na Escola Central de Discurso e Drama de Londres. Ela e o seu home Patrick Godfrey forman parte da xunta asesora da escola de teatro británico Cygnet Training Theatre, que se sitúa en Exeter, Devon.

A súa filla Kate Godfrey formouse nesa escola na década dos anos oitenta.

Categoría:Actores de Inglaterra

Categoría:Nados en 1935