Landry Fields, nado o 27 de xuño de 1988 en Long Beach (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense actualmente axente libre.
Traxectoria Universidade Fields xogou no baloncesto universitario para a Universidade de Stanford. Xogou 14 minutos por partido no seu primeiro ano, e foi mellorando ano a ano os seus números, ata chegar ó seu derradeiro ano coma un dos mellores xogadores na Conferencia Pac-10.
Fields rematou a súa tempada coma sénior liderando a Pac-10 en anotación e en rebotes, pese a xogar de escolta e ala. Foi incluído no primeiro mellor equipo da Pac-10. Os seus 22 puntos por partido fixéronlle situarse na 8ª posición de anotadores do país.
Profesional Fields foi elixido na 39ª posición do Draft da NBA de 2010 polos New York Knicks. Tras unha grande actuación na liga de verán e na pretempada, comezou de titular no primeiro partido de liga. O 16 de novembro de 2010, Fields conseguiu os seus máximos da súa carreira con 21 puntos e 17 rebotes na derrota contra os Denver Nuggets.
O 6 de febreiro de 2011, superou ese máximo ao anotar 25 puntos na vitoria contra os Philadelphia 76ers.
Fields gañou o premio ao Rookie do Mes da Conferencia Leste nos meses de novembro e decembro do 2010.
Grazas á súa gran tempada coma rookie, foi elixido no primeiro equipo de rookies da NBA da tempada 2010-11. Fields foi elixido para xogar co Team Shaq no Rising Stars Challenge de 2012.
O 11 de xullo de 2012, Fields asinou un acordo cos Toronto Raptors, cun valor de 20 millóns de dólares en tres anos. Os Knicks decidiron non igualar a oferta e Fields uniuse oficialmente ós Raptors o 14 de xullo de 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil nos Stanford Cardinals
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en 1988 Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Nados en Long Beach