Ömer Faruk Aşık, nado o 4 de xullo de 1986 en Bursa, é un ex xogador turco de baloncesto profesional.
Liga turca Aşık tivo a súa primeira oportunidade profesional no Fenerbahçe na tempada 2005-06. Tan só xogou un partido antes de ser traspasado a un equipo da segunda división, o FMV Isık Spor Kulübü. Na tempada 2006-07 asinou polo Alpella, onde xogou 40 partidos, nos que fixo 10.7 puntos e 11.2 rebotes. Deixou o Alpella en decembro de 2007, e volveu ao Fenerbahçe por segunda vez. En 2008 lesionouse de gravidade, e pouco máis tarde da súa volta lesionouse outra vez para 2 meses. Nas tempadas 2007-08 e 2008-09 co Fenerbahçe fixo 7.8 puntos e 6.1 rebotes. Coa súa axuda, o Fenerbahçe gañou a liga turca de baloncesto na tempada 2007-08.
NBA Chicago Bulls (2010–2012) Ömer Aşık foi elixido na 36ª posición do draft da NBA de 2008 polos Portland Trail Blazers, e foi inmediatamente traspasado aos Chicago Bulls, nunha operación entre tres franquías. O 13 de xullo de 2010, Aşık asinou un contrato cos Chicago Bulls.
Tempada 2010–11 O 27 de outubro, Aşık fixo o seu debut cos Bulls no primeiro partido da tempada, na casa dos Oklahoma City Thunder. Dende o comezo da tempada, Aşık impresionou co seu xogo grazas á súa gran presenza coma pivote, especialmente cando o pivote titular, Joakim Noah, non xogaba. Ao remate da tempada, liderou a lista de media de rebotes por 48 minutos dos rookies, e estivo entre os dez primeiros en media de rebotes por 48 minutos.
Houston Rockets (2012-2014) O 20 de xullo de 2012, Aşık asinou unha oferta dos Houston Rockets, cun valor de 25.1 millóns de dólares en 3 anos. Os Bulls decidiron non igualar a oferta o 24 de xullo de 2012, e Aşık uniuse oficialmente ós Rockets.
New Orleans Pelicans (2014-2018) O 15 de xullo de 2014, Aşık foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Rockets e os Washington Wizards. O 28 de outubro de 2014, fixo o seu debut cos Pelicans no primeiro partido da tempada contra os Orlando Magic. En 33 minutos de xogo, fixo 14 puntos, 17 rebotes, 5 tapóns e 2 asistencias na vitoria dos Pelicans por 101-84.
Volta a Chicago (2018-presente) O 1 de febreiro de 2018, Aşık foi traspasado xunto a Tony Allen, Jameer Nelson e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Chicago Bulls, a cambio de Nikola Mirotić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018. Ademais, os Bulls terán o dereito a intercambiar eleccións de segunda rolda do Draft de 2021 cos Pelicans.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Bursa Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Turquía Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans