Servizo de Correos (en ) é unha novela en inglés escrita por Charles Bukowski e publicada en 1971 por Black Sparrow Books co título orixinal de ou Post Office. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar, publicada en 2011 pola editorial Hugin e Munin."Una editorial se estrena con Bukowski y Twain en gallego", artigo de Iago Martínez en El País, 21 de decembro de 2011 Do mesmo modo que Pan con xamón está considerada unha obra autobiográfica da súa infancia, esta novela é unha autobiografía dos seus anos posteriores. Está protagonizada por Henry Chinaski, o alter ego de Bukowski.

Trama Chinaski consegue traballo nos Ánxeles como carteiro substituto do Servizo Postal dos Estados Unidos. Na primeira etapa, repartindo sen rutas fixas, adoita tardar máis do establecido, o que lle supón rifas dos xefes. Despois consegue unha ruta fixa, pero ao pouco decide deixalo. Casa e marcha a Texas, pero regresa na procura doutros traballos. Pouco despois, divórciase e regresa ás estafetas.

Logo dun período de dous anos, convértese en fixo, e o traballo na oficina vólvese rutineiro e aburrido. Sobrelévao con borracheiras, mulleres (e cunha filla) e apostando nos hipódromos.

miniatura|Anterior selo do Departamento de Correos dos Estados Unidos. Narración Esta é a primeira novela de Bukowski, e está "dedicada a ninguén". Nela, o autor ten unha cínica visión do mundo. Cobre o período en que traballou de carteiro, desde 1952 aproximadamente até 3 anos despois, e desde o seu regreso en 1958 até 1969.

Segundo o documental Born into This, o fundador e propietario de Black Sparrow Press, John Martin, ofreceu a Bukowski 100 $ ao mes para o resto da vida se deixaba de traballar de carteiro e se dedicaba a escribir a tempo completo. Aceptou, e escribiu esta obra en "vinte e unha noites", segundo di ao comezo de Women.

Aparecen personaxes femininos da vida de Bukowski, como Jane Cooney Baker ("Betty"), que era alcohólica e 11 anos maior, ou a súa primeira muller, Barbara Frye ("Joyce"), que aparece retratada coma unha ninfómana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial.

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1971 Categoría:Novelas ambientadas en California Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego