O músculo opoñente do polgar é un músculo do membro superior humano pertencente á man. Forma parte da eminencia tenar, da cal é o músculo de maior tamaño. Sitúase na parte máis fonda da eminencia.

Orixínase no tubérculo do trapecio e nas vaíñas extensoras próximas. Insírese ao longo de todo o primeiro metacarpiano.

Función Rota e flexiona o primeiro metacarpiano sobre o trapecio, de modo que o dedo queda enfrontado ao resto da man.

Innervación É innervado pola póla recorrente do nervio mediano.

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)

Categoría:Musculatura do membro superior