miniatura| Ptyonoprogne rupestris A anduriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), é unha ave da familia das andoriñas, que aniña en casas, paredes rochosas, pontes etc. É unha especie de ampla distribución por Europa, África e Asia. Na Península Ibérica aparece estacionalmente no norte e hai poboacións residentes ou migradoras de curta distancia no sur.
Descrición Mide 15 cm de pico a cola.
En España atópase principalmente de marzo a novembro, aínda que existen individuos que fican en España durante todo o ano. Ten o corpo avultado, pescozo ancho e ás anchas terminadas en punta. A plumaxe da gorxa está lixeiramente riscada e é bastante escura. As plumas da cola (rectrices) teñen pintas brancas, e esta non é tan aforcada como no resto dos andoriñas. A plumaxe xeral é parda, aínda que a zona inferior é menos escura. Voo moi áxil preto das rochas ou zona de percha.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta
Categoría:Hirundínidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Aves de Eurasia