A Primeira División de Costa Rica é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Costa Rica, organizada pola Unión de Clubs de Fútbol de la Primeira División. Actualmente recibe o nome de Campionato Progol por razóns de patrocinio.

Varios dos clubs máis importantes do país fundaron en 1921 a Federación Costarriqueña de Fútbol, e nese mesmo ano naceu a Liga de Primeira División. Durante moitos anos o campionato contou tan só con 7 equipos. En 1999 foi refundada a federación, o que provocou tamén trocos na liga, que pasou a estar dividida en dous torneos, de Verán e de Inverno. Os dous equipos gañadores xogaban unha final entre si para determinar cal era o campión desa tempada. Dende 2007 cada tempada ten dous campións, correspondentes a cada torneo.

O actual formato da competición consiste nunha liga de 12 equipos que disputan 22 xornadas en dúas voltas, de xeito que cada equipo enfróntase ós outros 11 na casa e fora. Tralo remate das 22 xornadas, os 4 primeiros equipos da táboa disputan as semifinais e final polo título de campión. Tanto o torneo de Inverno como o de Verán teñen o mesmo funcionamento.

Os dous campións acadan o dereito a participar na seguinte edición da Liga de Campións da Concacaf. No caso de que un mesmo equipo gañe o dous torneos, participará en competicións continentais o equipo subcampión con maior puntuación.

O potencial competitivo da liga costarriqueña de fútbol demóstrase no feito de que os seus equipos acadaron a vitoria final na Liga de Campións da Concacaf en 6 ocasións, unha cifra superior á acadada polos equipos norteamericanos da MLS, sendo superados tan só polos equipos do campionato mexicano, que acadaron a vitoria final na máxima competición continental 27 veces. Equipos 2012 360px|miniatura|dereita|Encontro Alajuelense-Saprissa, no Estadio Morera Soto. Os seguintes 11 equipos competirán polo campionato de Verán 2012. A ausencia dun 12º equipo é debida a razóns económicas, que levaron ó club AD Barrio México a abandonar a competición: EquipoCidadeEstadioCapacidadeCD Belén Siglo XXI Belén Polideportivo de Belén 3.000AD San Carlos San Carlos Carlos Ugalde 6.000CS Cartaginés Cartago Fello Meza 15.000CS Herediano Heredia Rosabal Cordero 15.010Dep Saprissa Tibás Ricardo Saprissa 23.000LD Alajuelense Alajuela Morera Soto 19.000Limón FC Limón Juan Gobán 4.500Pérez Zeledón Pérez Zeledón Municipal Otto Ureña 7.000Orión FC Desamparados San Marcos de Tarrazú 6.000Puntarenas FC Puntarenas Lito Pérez 4.500Santos Guapíles Ebal Rodríguez 6.000 Palmarés Nº TítulosEquipoCampionatos obtidos2920px|Provincia de San José Dep.Saprissa1952-53, 1953-54, 1957-58, 1962, 1964-65, 1965-66, 1967-68, 1968-69, 1969, 1972,1973, 1974, 1975-76, 1976, 1977-78, 1982, 1988-89, 1989-90, 1993-94, 1994-95, 1997-98, 1998-99, 2003-04, 2005-06, 2006-07, I-2007, V-2008, I-2008, V-20102720px|Provincia de Alajuela LD Alajuelense1928, 1939, 1941, 1945, 1949, 1950, 1958, 1959, 1960, 1966, 1970, 1971, 1980, 1983, 1984, 1991, 1992, 1996, 1997, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, I-2010, V-2011, I-20112120px|Provincia de Heredia CS Herediano1921, 1922, 1924, 1927, 1930, 1931, 1932, 1933, 1935, 1937, 1947, 1948, 1951, 1955, 1961, 1978, 1979, 1981, 1985, 1987, 1993620px|Provincia de San José CS La Libertad1925, 1926, 1929, 1934, 1942, 1946320px|Provincia de Cartago CS Cartaginés1923, 1936, 1940220px|Provincia de San José Orión FC1938, 1944120px|Provincia de Puntarenas Mun.Puntarenas1986120px|Provincia de San José CS Uruguay1963120px|Provincia de San José Universidad CR1943120px|Provincia de Alajuela AD Carmelita1961120px|Provincia de Guanacaste Liberia Mía †V-2009120px|Provincia de San José Brujas FC †I-2009 † = Equipo desaparecido. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Unión de Clubs de Fútbol da Primeira División

Categoría:Ligas de fútbol de Costa Rica Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de América Central