miniatura|dereita|200px|Peralta en xaneiro de 2005. Stacy Peralta, nado o 15 de outubro de 1957 no barrio de Venice, nos Ánxeles (California), é un director e produtor de cinema e televisión estadounidense. Na súa xuventude foi un skater e surfista profesional e formou parte do grupo de skate dos Z-Boys.

Traxectoria Comezou no skate ós quince anos de idade e axiña empezou a participar en competicións profesionais, acadando boas posicións até que con dezanove anos pasou a ocupar o primeiro posto na clasificación mundial de skateboard. Pouco despois, xunto con George Powell fundou a compañía de monopatíns chamada Powell Peralta. Co financiamento da compañía, Peralta formou a Bones Brigade, un equipo de skate composto polos mellores skaters da época, algúns dos cales revolucionaron o skate moderno. Tamén comezou a dirixir e producir os primeiros vídeos de skateboard que daquela supuxeron un pulo importante para novos skaters como Tony Hawk.

Filmografía The Search for Animal Chin (1987) SK8 TV (serie de televisión, 1990) Nickelodeon Wild Side Show (serie de televisión, 1992) Mr. Show with Bob and David (serie de televisión, 1 episodio, 1995) When Disasters Strike (telefilme, 1996) America's Teenagers Growing Up on Television (telefilme, 1998) Influences: From Yesterday to Today (telefilme, 1999) The 70s: The Decade That Changed Television (documental, 2000) Dogtown and Z-Boys (documental, 2001) Riding Giants (documental, 2004) Lords of Dogtown (como guionista, 2005) Made in America (documental, 2008) Independent Lens (serie de televisión, 1 episodio, 2009) Bones Brigade: An Autobiography (documental, 2012)

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Biografía Entrevista

Categoría:Skaters Categoría:Surfistas dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados nos Ánxeles