Os Xogos Olímpicos de 2016, (en ), oficialmente coñecidos como Xogos da XXXI Olimpíada ou máis comunmente coñecidos como Rio 2016, foron un evento multideportivo internacional celebrado no Río de Xaneiro, Brasil, dende o 5 ó 21 de agosto de 2016.

Proceso de candidatura

O proceso de elección da sede dos Xogos Olímpicos de Verán de 2016 levouse a cabo entre 2007 e 2009 e contou coa participación de sete cidades de tres continentes. Outras pensaran participar no proceso, mais finalmente non se inscribiron.

O 13 de setembro de 2007 pechouse o prazo de inscrición. Dúas cidades americanas (Chicago e Río de Xaneiro), dúas asiáticas (Doha e Tokyo) e tres europeas (Bakú, Madrid e Praga) oficializaron a súa candidatura. O 4 de xuño de 2008 o Comité Olímpico Internacional (COI) revelou o resultado das avaliacións preliminares das sete cidades postulantes, eliminando a Bakú, Praga e Doha, quedando as outras catro cidades como candidatas: Río de Xaneiro, Madrid, Tokyo e Chicago.

A segunda fase comezou co Programa de Observación dos Xogos Olímpicos de 2008, en Beijing. Logo de elaborar o seu libro de candidatura e recibir a visita da Comisión Avaliadora do COI, as cidades candidatas participaron nun encontro en xuño, promovido por primeira vez na historia, cos membros do COI, que elixirían a sede dos Xogos de 2016.

En setembro de 2009, a Comisión Avaliadora divulgou as súas impresións sobre os proxectos finalistas. Tokyo, a cidade que tiña a nota preliminar máis alta, perdeu o favoritismo, principalmente por mor dos baixos niveis de apoio popular que a candidatura recebia. Chicago sufriu coas protestas internas e as leis americanas. A candidatura de Madrid tivo o proxecto máis criticado, principalmente a causa da falta de claridade das leis antidopaxe no Estado español e da estrutura organizativa do comité local. As críticas fixeron facer cambios en moi pouco tempo aos representantes da candidatura, e mesmo co alcalde Alberto Ruiz-Gallardón xa admitindo a derrota, o Parlamento Español aprobou a alteración das leis antidopaxe do país poucos días antes da votación. Pola súa banda, a candidatura do Río de Xaneiro, a pesar de ter tido boas notas, tiña problemas cos aloxamentos e os transportes. As avaliacións foron consideradas equilibradas, non sendo posible ata aquela apuntar a ningunha cidade como favorita, nin polo presidente do COI, Jacques Rogge, nin polos membros da entidade, que tiñan o dereito de escoller a vencedora, así como por parte da prensa e sitios web especializados.

A elección

A sede dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Verán de 2016 foi escollida o día 2 de outubro de 2009 en Copenhaguen (Dinamarca), durante a 121ª sesión do Comité Olímpico Internacional. Logo da eliminación das cidades de Chicago e Tokyo na primeira e segunda votación respectivamente, chegaron á final as cidades de Madrid e Río de Xaneiro, saíndo vencedora na votación final a cidade brasileira ao acadar a maioría dos votos.

121ª sesiónComité Olímpico Internacional2 de outubro de 2009, no Bella Center, Copenhagen, Dinamarca. Cidade Estado1ª Rolda2ª Rolda3ª Rolda Río de Xaneiro 26 46 66 Madrid 28 29 32 Tokyo 22 20 — Chicago 18 — —

Deportes Nesta olimpiada haberá un total de 28 deportes. Logo da exclusión do beisbol e do sóftbol en Londres 2012, en Río 2016 incluiranse dous novos deportes: o golf e o rugby a 7. Tamén se incluirá unha nova modalidade da ximnasia, a ximnasia acrobática.

Sedes Os Xogos Olímpicos de Río disputaranse en catro zonas principais: Maracaná, Barra, Deodoro e Copacabana.

Maracaná thumb|Estádio do Maracanã. thumb|Estadio Olímpico João Havelange. Estádio do Maracanã. Ten unha capacidade de 78.838 espectadores. Albergará as cerimonias de apertura e clausura e a final do fútbol. Maracanãzinho. Ten unha capacidade de 11.800 espectadores. Albergará o voleibol. Centro Acuático Julio de Lamare. Albergará o wáter-polo. Sambódromo. Terá unha capacidade de 18.000 espectadores para os xogos. Albergará o maratón e o tiro con arco. Estadio Olímpico João Havelange. Aínda que a súa capacidade habitual é de 45.000 espectadores, para os xogos terá unha capacidade de 60.000 espectadores. Albergará o atletismo e o fútbol.

Copacabana Marina da Glória. Albergará a vela. Arena de Vôlei de Praia. Albergará o volei praia. Forte de Copacabana. Albergará os maratóns acuáticos, o ciclismo en ruta e o tríatlon. Lagoa Rodrigo de Freitas. Albergará o remo e o piragüismo en augas tranquilas.

Barra thumb|Parque Acuático María Lenk. Pontal. Albergará o ciclismo en ruta. Reserva de Marapendi. Albergará o golf. Arena Olímpica do Río. Ten unha capacidade de 15.000 espectadores. Albergará a ximnasia. Centro Olímpico de Adestramento. É un complexo de 4 pavillóns diferentes. Albergarán o baloncesto, o taekwondo, a esgrima, o judo, a loita, o taekwondo e o balonmán. Centro Olímpico de Tenis. Ten un total de 16 pistas de arxila. Albergará o tenis. Estadio Acuático Olímpico. Ten unha capacidade de 18.000 espectadores. Albergará a natación e o wáter-polo. Parque Acuático María Lenk. Ten unha capacidade de 15.000. Albergará a natación sincronizada e os saltos de trampolín. Velódromo de Barra. Ten unha capacidade de 5.000 espectadores. Albergará o ciclismo en pista. Riocentro. Terá un total de 4 pavillóns. Albergará o boxeo, o bádminton, o tenis de mesa e a halterofilia.

Deodoro thumb|Centro Equestre Nacional. Centro Equestre Nacional. Ten unha capacidade de 14.000 espectadores. Albergará a equitación. Centro Nacional de Tiro. Albergará o tiro olímpico. Centro Olímpico de Hóckey. Albergará o hóckey sobre herba. Centro Acuático de Deodoro. Albergara o péntatlon moderno. Centro de Mountain Bike. Albergará o ciclismo de montaña. Centro Olímpico de BMX. Albergará o BMX. Estádio de Canoagem Slalom. Albergará o piragüismo en slálom. Estadio de Deodoro. Albergará o rugby a 7 e o péntatlon moderno. Arena de Deodoro. Albergará o péntatlon moderno e algúns partidos de baloncesto.

Estadios de fútbol miniatura|Estádio Nacional Mané Garrincha de Brasilia. Ademais do Estadio Olímpico João Havelange e de Maracaná, os seguintes estadios acolleráan as primeiras roldas das competicións de fútbol: Arena da Amazônia en Manaus. Estádio Nacional Mané Garrincha en Brasilia. Arena Fonte Nova en Salvador de Bahia. Estadio Mineirão en Belo Horizonte. Arena Corinthians en São Paulo.

Calendario Evento Mér3 Xov4 Ven5 Sáb6 Dom7 Lun8 Mar9 Mér10 Xov11 Ven12 Sáb13 Dom14 Lun15 Mar16 Mér17 Xov18 Ven19 Sáb20 Dom21 TOT Inauguración 20px Atletismo 3 5 4 5 5 4 6 7 7 1 47 20px Bádminton 1 1 2 1 5 20px Baloncesto 1 1 2 20px Balonmán 1 1 2 20px Boxeo 1 1 1 1 1 1 3 4 13 20px Ciclismo 1 1 2 1 2 2 1 1 3 2 1 1 18 20px Equitación 2 1 1 1 1 6 20px Esgrima 1 1 1 1 2 1 1 1 1 10 20px Fútbol 1 1 2 20px Golf 1 1 2 20px Halterofilia 1 2 2 2 2 2 1 1 1 1 15 20px Hóckey 1 1 2 20px Judo 2 2 2 2 2 2 2 14 20px Loita 2 2 2 3 3 2 2 2 18 20px Natación 4 4 4 4 4 4 4 4 1 1 34 20px Natación sincronizada 1 1 2 20px Péntatlon moderno 1 1 2 20px Piragüismo 1 1 2 4 4 4 16 20px Remo 2 4 4 4 14 20px Rugby a 7 1 1 2 20px Saltos de trampolín 1 1 1 1 1 1 1 1 8 20px Taekwondo 2 2 2 2 8 20px Tenis 1 1 3 5 20px Tenis de mesa 1 1 1 1 4 20px Tiro 2 2 2 1 2 1 2 2 1 15 20px Tiro con arco 1 1 1 1 4 20px Tríatlon 1 1 2 20px Vela 2 2 2 2 2 10 20px Voleibol 1 1 1 1 4 20px Wáter-polo 1 1 2 20px Ximnasia 1 1 1 1 1 1 4 3 3 1 1 18 Clausura Evento 25 26 27 28 29 30 31 01 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 TOT

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de medallistas olímpicos galegos Galegos nos Xogos Olímpicos de 2016 Ligazóns externas Sitio web do Comité Olímpico Internacional Sitio web dos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016

Categoría:Xogos Olímpicos de 2016