dereita|miniatura|280px|Escultura en Dublín en homenaxe ás vítimas da Gran Fame. A Gran Fame irlandesa (en irlandés An Gorta Mór ou An DrochshaolO termo xurdiu en títulos de múltiples obras sobre o evento, como demostra a busca no WorldCat) foi un período de fame, doenzas e emigración en masa entre 1845 e unha data variable entre 1849 e 1852,Kinealy (1995), xvi–ii. no que a poboación de Irlanda se reduciu entre un 20 e un 25 por cento.Christine Kinealy, This Great Calamity, Gill & Macmillan (1994), ISBN 0 7171 4011 3, 357. A fame provocou a morte de preto dun millón de persoas e forzou a máis doutro millón a emigrar da illa.David Ross, Ireland: History of a Nation, New Lanark: Geddes & Grosset, 2002, p. 226. ISBN 1-84205-164-4 A causa principal da fame foi unha praga provocada polo oomiceto Phytophthora infestans, que contaminou os cultivos de pataca a grande escalaCormac Ó Gráda, Ireland's Great Famine: Interdisciplinary Perspectives, Dublin: University College Dublin Press, 2006, p. 7. ISBN 1-904558-57 6 en toda Europa durante a década de 1840. A pesar de que atinxiu a Europa enteira, a praga afectou moitísimo a Irlanda, xa que un terzo de toda a poboación dependía unicamente da pataca para sobrevivir. Ademais, o problema foi agravado por varios factores ligados á situación política, social e económica que aínda son materia de debate na comunidade académicaCecil Woodham-Smith, The Great Hunger, Harmondsworth: Penguin, 1991, p. 19. ISBN 978-0-14-014515-1Christine Kinealy, This Great Calamity, Gill & Macmillan, 1994, pp. xvi–ii, 2–3. ISBN 0-7171-4011-3.

A fame foi un choque social na historia da IrlandaKinealy, This Great Calamity, p. xvii. e os seus efectos alteraron para sempre o plano demográfico, político e cultural irlandés. Chegou mesmo a ficar como parte da memoria popular,A fame que atinxiu a Irlanda entre 1845 e 1852 ficou como parte integrante do folclore irlandés. Kenealy, This Great Calamity, p. 342. sendo dende entón un dos episodios máis lembrados polos movementos nacionalistas irlandeses. A historia de Irlanda divídese xeralmente entre os períodos "pre-fame" e "pos-fame". A gran fame é tamén recordada como a maior catástrofe demográfica en Europa entre a guerra dos Trinta Anos e a primeira guerra mundial, sumando máis dun millón de mortes en Irlanda en relación ó esperado se non existira.

Notas

Categoría:Historia de Irlanda Categoría:Fames