thumb|Armas do rei Haron IV de Noruega e Suecia representadas no armorial chamado de Gelre, manuscrito holandés realizado entre 1370 e 1414. No interior do escudo propiamente, dividido en catro partes ou "acuartelado", obsérvanse as representacións heráldicas de leóns, figura natural na súa posición "verdadeira" rampante. Na parte exterior superior, como ornamento, sobre o helmo apréciase outro debuxo de león, aquí chamado cimeira. O León heráldico e o nome que recibe a representación gráfica idealizada do propio animal, Panthera leo, para a súa utilización no deseño de escudo de armas, tanto para o interior do mesmo ou campo, como figura natural, como para a parte exterior ou ornamental, en forma de soporte ou de cimeira.
Por tradición, un león heráldico é pintado en posición de rampante, é dicir, coas mans levantadas, a destra alta e a sinistra algo máis baixa; cabeza de perfil, boca aberta, lingua fora, mostrando as garras e coa borla da cola cara a dentro.(Vicente de Cadenas 1976, 89) Existen porén moitas variacións en canto á súa disposición ou á alteración das partes do corpo que se representan, dando lugar a diferentes figuras que se ben reciben o nome xenérico de "león", son especificadas de xeito complementario na descrición do escudo ou brasón.
Posición A posición de rampante, é a que teñen adoptado os tratadistas de heráldica para a descrición dun león heráldico xenérico e ás veces refírense a ela como "posición verdadeira". Polo que calquera outra posición ou variante é preciso especificala no brasonado.
Distínguense os seguintes tipos de leóns: León mornado. O que non ten dentes, lingua nin garras. León nacente. Aquel do cal só se ve representada a metade superior como saíndo dun xefe ou dunha faixa. Aparece no alto do escudo. León pasante. O representado na posición dun animal en marcha, coa pata dereita dianteira case horizontal. Tamén se denomina leopardado cando leva a cola volta sobre o lombo e a extremidade superior mirando cara a fóra. León rampante. O representado de perfil que non mostra máis que un ollo e unha orella, levantado sobre a pata traseira esquerda coa man dereita e a pata esquerda adiantada, en disposición de agredir; a cola levantada, recta e formando onda no extremo que acaba en borla, volta na dirección das costas. De ter as dúas patas traseiras no chan, denomínase deitado.
Deseño Os leóns sempre levan lingua e garras, a excepción de que se definan como "mornados". Xa que logo non é preciso definilos como "linguados e unllados". Os leóns heráldicos son debuxados co sexo ao descuberto, é dicir, enteiros. Si non se fixera deste xeito, habería que cualificalos co vocábulo infamado. Esta era unha circunstancia que se aplicaba ás armas castigadas polo monarca, cuxos donos tiveran incorrido nos casos de: herexía, traizón ou sodomía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alonso de Cadenas y Vicent, Diccionario heráldico: términos, piezas y figuras usadas en la ciencia del blasón, Ed. Hidalguía, Madrid, 1976, ISBN8400042948 Este artículo contén material do Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat dos anos 1906 a 1914 que pola súa antigüidade están no dominio público. Outros artigos Marzocco
Categoría:Heráldica Categoría:Símbolos de Armenia Categoría:Símbolos de Bélxica Categoría:Símbolos de Bulgaria Categoría:Símbolos de Camboxa Categoría:Símbolos do Canadá Categoría:Símbolos de Croacia Categoría:Símbolos de Dinamarca Categoría:Símbolos de Escocia Categoría:Símbolos de España Categoría:Símbolos de Fiji Categoría:Símbolos de Finlandia Categoría:Símbolos de Inglaterra Categoría:Símbolos de Lituania Categoría:Símbolos de Luxemburgo Categoría:Símbolos de Montenegro Categoría:Símbolos de Noruega Categoría:Símbolos dos Países Baixos Categoría:Símbolos da República Checa Categoría:Símbolos de Sri Lanka Categoría:Símbolos de Suecia Categoría:Símbolos do Reino Unido Categoría:Símbolos de Xeorxia