The Four Feathers é un filme británico-estadounidense dirixido por Shekhar Kapur que se estreou no 2002. O filme baséase na novela homónima'' de A.E.W. Mason.
Sinopse Harry Feversham é un soldado británico admirado polos seus compañeiros e considerado como un dos mellores do seu rexemento. Apaixonadamente leal á súa fermosa prometida, Ethne, a Harry preséntaselle un prometedor futuro no exército e unha vida feliz xunto á muller que ama. Pero cando un exército de sudaneses rebeldes ataca a fortaleza colonial británica en Khartún e o seu rexemento é chamado a filas para loitar, Harry séntese embargado polas dúbidas e renuncia á misión antes de embarcar cara África. Conmocionado pola decisión do seu fillo, o padre de Harry renega del. Asumindo que está acovardado, tres dos mellores amigos de Harry e Ethne, envíanlle unha pluma branca, un símbolo de covardía, xa que ningún deles pode entender a reacción de Harry.
Personaxes Heath Ledger como Harry Faversham Wes Bentley como Jack Durrance Djimon Hounsou como Abou Fatma Kate Hudson como Ethne Eustace Rupert Penry-Jones como Tom Willoughby Kris Marshall como Edward Castleton Michael Sheen como William Trench Alex Jennings como Coronel Hamilton James Cosmo como Coronel Sutch Angela Douglas como Tía Mary Tim Pigott-Smith como Xeneral Feversham Lucy Gordon como Isabelle James Hillier como Borracho
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en TCM Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Shekhar Kapur Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Blinding Edge Pictures Categoría:Filmes de Buena Vista International Categoría:Filmes rodados en Marrocos