A Universidade de Strathclyde é unha universidade situada na cidade de Glasgow (Escocia, Reino Unido). É a segunda universidade máis antiga da cidade, tras a Universidade de Glasgow. Foi fundada no ano 1796 polo profesor John Anderson, quen fora profesor na Universidade de Glasgow. O desexo do profesor era crear unha universidade especializada en materias prácticas para lograr unha “Aprendizaxe Útil”.

Na actualidade, a universidade conta cun único campus, o Campus John Anderson (nomeado así na honra do fundador da institución), que se encontra situado no centro da cidade.

A Universidade de Strathclyde organízase en catro facultades: Humanidades e Ciencias Sociais Enxeñaría Ciencias Escola de Negocios de Strathclyde (Strathclyde Business School)

Strathclyde Categoría:Glasgow