José Ignacio "Natxo" González Sáenz, nado en Vitoria o 29 de xullo de 1966, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español.
Traxectoria O 11 de xuño de 2017 firmou polo Real Zaragoza, en Segunda División, un contrato por dúas temporadas.
O 15 de xuño de 2018 anunciouse un acordo entre o adestrador (daquela técnico do Real Zaragoza) e o Deportivo da Coruña, para facerse cargo do equipo durante a tempada 2018–19, con opción a outra. Foi presentado o 20 de xuño. O 7 de abril de 2019 foi destituído, logo dunha derrota en Riazor fronte o Rayo Majadahonda (0–2). A súa bagaxe foi de 13 vitorias, 15 empates e 5 derrotas. O seu substituto foi José Luis Martí.
O 14 de xuño de 2019 fíxose oficial a súa fichaxe polo CD Tondela, da Primeira Liga portuguesa, por dúas campañas. O 5 de agosto de 2020 desvinculouse do club, a falta dunha campaña máis, tras conseguir a permanencia.
O 13 de decembro de 2020 converteuse no novo técnico do Club Bolívar boliviano. O 23 de maio de 2021 foi destituído, tras a eliminación do equipo da Copa Suramericana.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do CF Reus Deportiu Categoría:Adestradores do UE Sant Andreu Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés Categoría:Adestradores do Real Zaragoza Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do CD Tondela Categoría:Adestradores do Club Bolívar Categoría:Adestradores do Málaga CF