Sanamede do Monte é unha parroquia que se localiza no sueste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 414 habitantes (211 mulleres e 203 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 544 habitantes.
Historia Malia a mala conservación aínda quedan restos de túmulos megalíticos como son a mámoa do Purrubelo e a mámoa das Chamiseiras. As dúas sitúanse en Duomes de Abaixo. No lugar de Monte tamén se atopa a mámoa da Mina de Mosqueira.
A primeira referencia nun documento é o ano 988, onde reflicten que o monxe Leodofredo fai doazón da mesma e tódolos seus lugares ao mosteiro de Antealtares.
Feira en Seilán No ano 1793, os veciños de Covas, San Cibrán e San Mamede elevaron unha petición ao rei Carlos IV para que autorizase a celebración dunha feira todos os meses. Por Real Carta dada o 4 de setembro de 1795 concedeuse a feira o segundo domingo de cada mes. Esta foi feita na carballeira do Seilán, e por ese motivo construíuse unha capela, primeiro de madeira, na que se oficiaba a misa os días da feira. No ano 1928 permitiuse facer feira nos segundos domingos e nos cuartos daqueles meses que tivesen cinco. Esta durou ata a década de 1960.
A igrexa Sofre varias transformacións, sobre todo a partir do ano 1594, visibles na variedade de estilos, que van desnde o gótico tardío ata o manierista que se manifesta na capela maior e nos retablos.
Arquitectura popular
Muíños A maioría moían con auga do río Seilán (río Albariña) nove meses, excepto o Novo, propio do cura, que moía todo o ano O dos Aguillóns O do Medio O da Ponte dos Aguillóns O dos Gómez Novo Vello O de Nantón O do Medio O de Arriba Novo, do cura Moían a metade do ano coas augas do regato de Buchaín: O de Buchaín O de Abaixo
Pombais Pombal de 20 pares de Francisco Pérez de Lucia Pombal de 10 pares de Domingo Silva
Festas 3 de febreiro: San Blas (en Seilán). 17 de agosto: San Mamede. 18 de agosto: Santo Antón. 19 de agosto: San Luís. Domingo seguinte ao 19 de agosto: A Peregrina (en Seilán). Domingo seguinte ao 16 de setembro: Santa Eufemia (en Seilán).
Lugares e parroquias Lugares de Sanamede do Monte
Parroquias da Baña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña
Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede