Jerome Rabinowitz, nado en Nova York o 11 de outubro de 1918 e finado na mesma cidade o 29 de xullo de 1998 foi un director e produtor teatral e coreógrafo estadounidense.

Traxectoria Comezou a estudar química na universidade, pero tivo que deixalo tras un ano por motivos económicos. Foi entón cando iniciou os seus estudos de danza.

Tras pasar polo mundo do ballet, creou coreografías para musicais de Broadway, como como On the Town.

En 1961 dirixiu xunto con Robert Wise o filme West Side Story. A pesar de ser despedido antes de rematar a rodaxe, foi acreditado coma codirector, gañando o Óscar ó mellor director. É o único director que gañou este premio coa única película que dirixiu.

Nos anos noventa a súa saúde viuse resentida, morrendo finalmente dun ataque ao corazón. A noite da súa morte as luces dos teatros de Broadway foron apagadas uns momentos coma homenaxe.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Personalidades da danza Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Lista negra de Hollywood Categoría:Óscar honorífico