Manuel Gantes Barreiro, coñecido como Roque, nado na Coruña cara a 1907 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1992, foi un sindicalista e miliciano galego.
Traxectoria miniatura|Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor. Delegado do Sindicato del Transporte Marítimo, membro da sección de Chaboleiros do SIP da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado nunha casa da barriada de Santa Lucía, na que vivía a súa cuñada Consuelo Couceiro, operaria da fábrica téxtil La Primera Coruñesa. Participou na fuga da motora La Libertaria en xaneiro de 1937. Foi procesado por rebelión na causa 1091/37. Combateu no exército republicano. Traballos forzados para franceses e alemáns. Volveu á Coruña en 1946. Foi xulgado na causa 298/47 por actividades políticas xunto con Juan Castiñeiras Galán, Juan Domínguez Lliso, Arturo Moreno Torres e Manuel Vázquez Sampayo e condenado a doce anos e un día de prisión. Preso no cárcere da Coruña, saíu en liberdade por sobresemento o 16 de agosto de 1947.Documento de liberdade condicional de César Leopoldo Fraguela Finou na Coruña o 19 de xuño de 1992.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-6-1992, p. 56.
Vida persoal
Casou con Dolores Barreiro Patiño e foi pai de Dolores, Manuela e Pilar Gantes Barreiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Militares de Galicia
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1992