Vimmerby é un concello sueco no condado de Kalmar. A súa capital é a localidade de Vimmerby.

O municipio atópase nas terras altas do sur de Suecia e o uso do sólo é principalmente forestal. A economía local está diversificada cunha importante industria turística vinculada aos libros infantís de Astrid Lindgren, autora que naceu no concello.

Dende principios dos anos 70 a poboación do municipio sufriu varios cambios na súa tendencia, pero dende 1970 ata o presente Vimmerby perdeu preto de 2 000 habitantes, contando en decembro de 2024 con 15 384.

Historia administrativa A área do concello correspóndese á das parroquias de Djursdala, Frödinge, Locknevi, Pelarne, Rumskulla, Södra Vi, Tuna e Vimmerby. Na reforma municipal de 1862 creáronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome. Na zona tamén se atopaba a cidade de Vimmerby, na que en 1863 se fundou un concello urbano.

A localidade municipal (municipalsamhälle) de Södra Vi estableceuse o 20 de abril de 1945 e disolveuse a finais de 1957.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse catro grandes concellos ao redor da cidade: Locknevi (a partir dos concellos rurais de Blackstad e Locknevi), Sevede (dos concellos rurais de Vimmerby, Frödinge, Pelarne e Rumskulla), e Södra Vi (de Djursdala e Södra Vi), O concello rural de Tuna e a cidade de Vimmerby permaneceron sen cambios.

O actual concello de Vimmerby fundouse coa reforma de 1971 a partir da cidade de Vimmerby, dos concellos rurais de Sevede, Södra Vi e Tuna, e dunha parte do concello rural de Locknevi (a parroquia de Locknevi).

En 1972 transferíuse unha área con 236 habitantes e unha superficie de 74,8 quilómetros cadrados, dos cales 68 eran de terra, da parroquia de Tuna ao concello de Oskarshamn.

Xeografía O concello de Vimmerby está situado no nordés da provincia histórica de Småland e limita ao leste co municipio de Västervik, ao sueste co de Oskarshamn, e ao sur co de Hultsfred, todos no condado de Kalmar. Ao oeste limita co concello de Eksjö no condado de Jönköping, ao noroeste co de Ydre, e ao norte co de Kinda, estes dous últimos no condado de Östergötland. O río Stångån atravesa o municipio de norte a norte facendo unha U.

Vimmerby está situado principalmente en Sevede, un dos "pequenos países" tradicionais de Småland, aínda que a parroquia de Locknevi pertence a Tjust.

Topografía e hidrografía O concello atópase na zona oriental da meseta meridional de Suecia e unha gran parte da súa superficie está formada por bosques, en parte bosques pouco tupidos de coníferas debido a que o leito rochoso está formado principalmente por granito. A área de Djursdala está formada por material glaciar, pero o tipo de solo dominante no municipio é a morena. A área ao oeste esta formada principalmente por bosque primitivos de coníferas.Entre os lagos máis grandes están o Krön no centro do municipio e o Yxern no leste.

Conservación da natureza O bosque primitivo xenuíno de Småland está protexido no parque nacional de Norra Kvill, que tamén dentro da Rede Natura 2000. O 80% do parque nacional está formado por un bosque de piñeiros que non foi talado en 150 anos, chegando algúns dos seus exemplares aos 350 anos de idade. Ademais do parque nacional no ano 2020 había no concello outras seis áreas que pertencían á Rede Natura 2000 e unha reserva natural, a de Kvill.

No ano 1994 o concello estableceu un Premio Ambiental e da Edificación que se outorga á persoa ou persoas que "fixeron unha boa contribución a un mellor medio ambiente e unha construción encomiable".

Divisións administrativas miniatura|236x236px|Distritos do concello de Vimmeby Ata o ano 2016, para efectos de informes de poboación, o concello estivo dividido en sete congregacións: Frödinge, Locknevi, Pelarne, Rumskulla, Södra Vi-Djursdala, Tuna e Vimmerby.

A partir dese ano o municipio pasou a dividirse nos seguintes oito distritos: Djursdala, Frödinge, Locknevi, Pelarne, Rumskulla, Södra Vi, Tuna e Vimmerby.

Localidades Cando a Oficina Central de Estadística de Suecia (SCB) demarcou as áreas urbanas o 31 de decembro de 2015, había seis localidades (tätort) no municipio de Vimmerby que se mantiñan en 2023: NrTätortPoboación (2023)1Vimmerby8 1762Södra Vi1 1173Storebro9364Gullringen4655Frödinge3026Tuna235

Goberno e política Durante 43 anos o concello foi gobernado por partidos "burgueses" (borgerliga partier é un concepto que se usa en Suecia para definir a partidos de corte conservador), pero despois das elección de 2014 os Moderados e os Socialdemócratas unha coalición de maioría morada (pola mestura das súas cores). Isto rompeu a longa tradición burguesa do municipio. Tras as eleccións de 2018 fíxose co poder unha coalición formada polo Partido do Centro, os Moderados e os Cristianodemócratas.

Durante mandato actual (2022-2026), o municipio está gobernado por unha coalición formada polos Socialdemócratas, o Partido do Centro e o Partido da Esquerda. O maior partido da oposición son os Moderados.

Economía e infraestruturas

Actividade económica A actividade económica do concello leva sendo dende hai moito tempo diversificada. O comercio, ao igual que a industria manufactureira, foron dominantes no pasado, pero o sector servizos aumentou. Entre as empresas dentro da industria manufactureira destacan Metallfabriken Ljunghäll, Åbro Bryggeri, Svensk Tryckgjutning e Frödinge Mejeri.

Os libros infantís de Astrid Lindgren, que naceu no concello, son a base da importante industria turística de Vimmeby, que inclúen o parque temático Astrid Lindgrens Värld, con ao redor de medio millón de visitantes cada ano, o centro cultural Astrid Lindgrens Näs, no lugar onde naceu a autora, e o pobo de Bullerbyn.

Infraestruturas En dirección norte-sur esténdese a estrada nacional 23/estrada nacional 34 e, en dirección oeste-leste, a estrada nacional 40. En dirección norte-sur, o municipio tamén está atravesado pola liña de ferrocarril Stångådalsbanan entre Linköping e Kalmar, que é servido polo tren rexional Krösatågen con paradas en Astrid Lindgrens Värld e no centro de Vimmerby.

Poboación A 31 de decembro de 2024 Vimmerby tiña unha poboación de 15 384 habitantes, o que a sitúa no posto 155 en termos de poboación entre os concellos de Suecia.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Kalmar