Domingo Blanco Blanco, nado en Valdín (A Veiga) cara a 1911, foi un canteiro e político galego.
Traxectoria
Canteiro, afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado polo exército sublevado. Evadiuse ao exército leal e combatiu na 3ª Compañía do 219 Batallón de Infantería do Exército da República. Logo da caída de Asturias foi detido, ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 6 de marzo de 1938. Foi xulgado en consello de guerra en Ourense por traizón na causa 179/38 e condenado a pena de morte, conmutada por cadea perpetua.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Domingo Blanco Blanco Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Veiga
Categoría:Nados en 1911
Categoría:Finados en ano descoñecido