O asturiano"Informe da Real Academia Galega sobre o galego de Asturias e a súa oficialidade na reforma do estatuto de autonomía do Principado", páx. 1, academia.gal (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É a lingua tradicional do Principado de AsturiasO artigo 1 da Lei de Promoción e Uso do Asturiano dispon: "O asturiano, como lingua tradicional de Asturias, gozará de protección. O Principado de Asturias promoverá o seu uso, difusión e ensino". É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino. O asturleonés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable"Bable" é un termo acuñado no século XVIII nos ambientes cultos, para denominar á lingua vernácula de Asturias e que na actualidade adquiriu un significado despectivo ao ser usado por sectores sociais contrarios á normalización do idioma., pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". Os procesos de normativización e estandarización da lingua lévaos a cabo a Academia de la Llingua Asturiana.miniatura|left|Academia de la Llingua Asturiana, Oviedo.
Clasificación Forma parte do subgrupo ibero-románico nomeado asturleonés, formado polo asturiano, o leonés e o mirandés. Segundo a clasificación, é unha lingua indoeuropea, itálica, romance e iberorromance.
Falantes Segundo o estudo Los Asturianos y la Lengua Asturiana. Estudio Sociolingüístico para el Principado de Asturias (Oviedo, 1994), do profesor da Universidade do País Vasco Francisco Llera Ramo, en Asturias habería 100.000 falantes nativos, ós cales hai que engadir 450.000 máis que usan o asturiano como segunda lingua, podendo falalo e entendelo. Nese estudo cóntanse uns 50.000 falantes de asturiano central, 30.000 de occidental e 20.000 de oriental.
Extensión miniatura|380px|Áreas lingüísticas de Asturias atendendo a criterios exclusivamente científicos. O dominio do asturiano esténdese por todo o territorio, se ben na franxa máis occidental de Asturias se fala galego de Asturias, aínda que o goberno asturiano e a Academia de la Llingua Asturiana prefire denominalo galego-asturiano.
Fonoloxía Vogais O sistema vocálico do asturiano distingue cinco fonemas, con tres graos de abertura (mínima, media e máxima) e tres posicións de articulación (central, anterior e posterior).
anteriores (palatais) centrais posteriores (velares)vogais pechadas (apertura mínima) i-uvogais medias (apertura media) e-ovogais abertas (apertura máxima) -a-
Consoantes labiais dentais alveolarespalatais velaresoclusivas xordaspt-t͡ʃkoclusivas sonorasbd-ʝgfricativasfθsʃ-nasaism-nɲ-laterais--lʎ-vibrantes--ɾ / r--
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en asturiano Galego de Asturias Asturiano occidental Asturiano central Asturiano oriental Diferenzas entre o asturiano e o estremeño Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu
Ligazóns externas Mapa da lingua asturiana O astur-leonés en Ethnologue Academia de la Llingua Asturiana Informe sobre a lingua asturiana (en pdf) Diccionariu de la Academia de la Llingua Asturiana Vídeo pedagóxico do programa Ben falado! sobre o asturiano, presentado por Ferro Ruibal e emitido na TVG o 28 de setembro de 2010.
Categoría:Lingua asturiana