George Peppard, nado o 1 de outubro de 1928 en Detroit e finado o 8 de maio de 1994 nos Ánxeles, foi un actor de cine e televisión estadounidense.

Biografía Naceu en Detroit con ese mesmo nome. A súa nai foi cantante de ópera e o seu pai construtor. Logo de terminar o colexio Peppard realizou o servizo militar na artillaría naval. Inicialmente estudou enxeñería civil, probablemente pensando en traballar máis adiante na empresa do seu pai. Ao mesmo tempo realizou todo tipo de traballos, desde taxista, disc-jockey e empregado de banca ata mecánico de motocicletas. A continuación matriculouse na universidade de Carnegie Mellon, onde estudou Belas Artes. Neses anos morreu o seu pai, deixando un proxecto de construción inacabado. O novo Peppard púxose á fronte e terminouno.

Logo dos seus estudos universitarios Peppard decidiu ser actor e quixo prepararse para iso, ao non ter confianza no seu atractivo físico para ter éxito. Estudou na prestixiosa escola de interpretación Actor's Studio de Nova York. Terminada a súa formación comezou a traballar en películas de televisión e no teatro, tamén en Broadway. A súa primeira película para o cine fíxoa en 1957, onde repetía un papel que xa interpretara en Broadway. A súa popularidade foi en aumento nas seguintes películas, sobre todo cando interveu en Breakfast at Tiffany's xunto con Audrey Hepburn. As seguintes películas tamén tiveron éxito, especialmente The Carpetbaggers, coprotagonizada por Alan Ladd.

Comezou a estar menos solicitado polos produtores e os estudos, de forma que tivo que intervir en películas de menor interese. A serie de televisión Banacek, que se realizou en 1972 e 1973, converteuno por un tempo novamente nun actor admirado, pero a súa carreira cinematográfica continuou sendo decadente. En 1978 debutou na dirección con Five Days From Home, película que tivo unha boa acollida. No entanto, Peppard non se mostrou interesado en repetir a experiencia e dedicouse principalmente ás películas e series de televisión. Entre 1983 e 1987 conseguiu unha vez máis un considerable éxito coa serie de televisión O Equipo A, produción que o fixo popular entre a mocidade dos países onde a emitiron.

Vida persoal Peppard estivo casado en cinco ocasións, e foi pai de tres rapaces:

Helen Davies (1954–1964): dous nenos, Bradford e Julie Elizabeth Ashley (1966–1972), a súa co-protagonista en The Carpetbaggers: un fillo, Christian Sherry Boucher-Lytle (1975–1979) Alexis Adams (1984–1986) Laura Taylor (1992–1994)

Peppard deixou de beber en 1978 e pasou os últimos anos da súa vida tratando de axudar a outros alcohólicos a recuperarse.

Logo dunha vida de fumador, en 1992 diagnosticáronlle cancro de pulmón e posteriormente deixouno. A súa quinta esposa e "fan número un", Laura Taylor, coñeceuno e casou con el pouco despois de ser diagnosticado do cancro terminal, e coidouno os seus últimos 18 meses. O cancro nunca impediu que Peppard se retirara da actuación, deixando así un proxecto piloto para unha nova serie en 1994 (un spin-off de Matlock) pouco antes do seu pasamento.

Morreu nos Ánxeles das complicacións xurdidas no tratamento da súa enfermidade.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1956 The United States Steel Hour Piney Woods TV: Bang the Drum Slowly 1956–57 Kraft Television Theatre TV: The Long FlightFlying Object at Three O'Clock High 1957 The Kaiser Aluminum Hour Lynch TV: A Real Fine Cutting Edge 1957 Studio One TV: A Walk in the Forest 1957 The Alcoa Hour Eddie Pierce TV: The Big Build-Up 1957 The Strange One Cadet Robert Marquales 1957 Alfred Hitchcock Presents Evan Wallace TV: The Diplomatic Corpse 1957–58 Matinee Theatre TV: End of the Rope, Part 1End of the Rope, Part 2Aftermath 1958 Suspicion Lee TV: The Eye of Truth 1958 Hallmark Hall of Fame Dennis Walsh TV: Little Moon of Alban 1959 Pork Chop Hill Cpl. Chuck Fedderson 1960 Home from the Hill Raphael "Rafe" Copley 1960 Startime Pat Lawrence TV: Incident at a Corner 1960 The Subterraneans Leo Percepied 1961 Breakfast at Tiffany's Paul Varjak 1962 How the West Was Won Zeb Rawlings 1963 The Victors Cpl. Chase 1964 The Carpetbaggers Jonas Cord 1964 Theatre of Stars Buddy Wren TV: The Game with Glass Pieces 1965 Operation Crossbow Tte. John Curtis 1965 The Third Day Steve Mallory 1966 The Blue Max Tte. Bruno Stachel 1967 Tobruk Capt. Kurt Bergman 1967 Rough Night in Jericho Dolan 1968 P.J. P.J. Detweiler 1968 What's So Bad About Feeling Good? Pete 1968 House of Cards Reno Davis 1969 Pendulum Capt. Frank Matthews 1970 The Executioner John Shay 1970 Cannon for Cordoba Capt. Red Douglas 1971 One More Train to Rob Harker Fleet 1972 The Bravos Major John David Harkness Película para TV 1972 The Groundstar Conspiracy Tuxan 1972–74 Banacek Thomas Banacek 1974 Newman's Law Vince Newman 1975 The Week of Fear Dr. Jake Goodwin Película para TV 1975 Guilty or Innocent: The Sam Sheppard Murder Case Dr. Samuel Sheppard Película para TV 1975–76 Doctors' Hospital Dr. Jake Goodwin 1977 Damnation Alley Maj. Eugene Denton 1979 Five Days from Home T.M. Pryor Tamén director e produtor 1979 Crisis in Mid-Air Nick Culver Película para TV 1979 From Hell to Victory Brett Rosson 1979 Torn Between Two Lovers Paul Rasmussen Película para TV 1980 Battle Beyond the Stars Cowboy 1981 Race for the Yankee Zephyr Theo Brown 1981 Your Ticket Is No Longer Valid Jim Daley 1982 Twilight Theatre Película para TV 1982 Jugando con la muerte McFadden 1983–87 The A-Team John "Hannibal" Smith 1984 Tales of the Unexpected Sgt. Guedo TV: The Dirty Detail 1988 Man Against the Mob Frank Doakey Película para TV 1989 Zwei Frauen Mr. Martin 1989 Man Against the Mob: The Chinatown Murders Frank Doakey Película para TV 1990 Night of the Fox Col. Harry Martineau/Max Vogel Película para TV 1992 The Tigress Sid Slaughter 1994 Matlock Max Morgan TV: The P.I.

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados en Detroit Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Míchigan Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Finados por cancro de pulmón