A Copa Xunta de Rugby 2010 foi a 22ª edición da Copa Xunta de Rugby. A competición disputouse entre o 17 de abril do 2010 e o 22 de maio do mesmo ano (día no que se celebrou a final). Esta edición contou coa participación de 12 equipos galegos das distintas categorías. O campión foi o Vigo RC, que conseguiu o seu 12º título na súa historia nesta competición, e o 5º gañado de xeito consecutivo. Equipos participantes
(1) C.R.A.T., A Coruña. (2) C.R. Fendetestas, As Pontes. (2) CR Ferrol, Ferrol. (1) Ingleses R.C., Vilagarcía de Arousa. (1) C.R. Lalín, Lalín. (2) Mareantes R.C., Pontevedra. (2) Muralla R.C., Lugo. (1) Ourense R.C., Ourense. (1) Vigo R.C. "A", Vigo. (2) Vigo R.C. "B", Vigo. (2) C.D. Zalaeta, A Coruña.
(1) Equipos clasificados directamente para os cuartos de final.
(2) Equipos que xogaron a fase de clasificación (Primeira Fase).
Primeira Fase Os equipos da Liga Galega de Rugby tiveron que superar unha Fase Previa que consistiu nunha eliminatoria a partido único entre os seis representantes desta competición. Os emparellamentos e os seus resultados foron os seguintes:
Lugar e data sen especificar. CR Ferrol 20 C.R. Fendetestas 32 Lugar e data sen especificar. Mareantes R.C. 12 C.D. Zalaeta 52 Lugar e data sen especificar. Vigo R.C. "B" 22 Muralla R.C. 10 Clasificáronse C.R. Fendetestas, C.D: Zalaeta e Vigo R.C. "B" ao gañaren cadansúas eliminatorias.
Fase Final O cruzamento de cuartos fíxose por sorteo entre os equipos directamente clasificados e os dous equipos da Primeira Fase clasificados.
O Vigo RC gañou o torneo anotando 197 puntos en total e recibindo tan só 3 puntos en contra (no primeiro partido fronte ao Ourense R.C.) en tres partidos, conseguindo non encaixar ningún punto nin nas semifinais fronte ao Lalín nin na final contra o C.R.A.T..
2010 Categoría:Rugby en 2010